O Mareantes Rugby Clube Pontevedra foi fundado no ano 1988, como resultado dunha reunión celebrada no antigo Estadio da Xuventude de Pontevedra o 14 de Marzo dese mismo ano por veterans de diferentes ligas e afeizoados pontevedreses que escollen para o mesmo un nome cunha forte e profunda vinculación á historia da cidade.
Primeiro XV do Mareantes – Estadio da Xuventude, ano 1988
Deste xeito surxe un novo ámbito para a práctica do deporte, que ata ese momento non existira na cidade de Pontevedra.
A creación do clube plantéxase dun modo global, e dicir, sen conformarse cun equipo senior, senón que se contempla de inicio a necesidade de dispoñer dunha estructura formativa que posibilitase a formación de novos xogadores dende idades tempranas. Así surxe o xerme da escola de rugby, da cal sairon a maior parte dos xogadores que na actualidade integran o primeiro plantel, e que militaron en diversos quinces de dentro e fora da Galiza, asi como en seleccionados autonómicos e nacionais.
Desafortunadamente, e nun bo momento deportivo, no ano 1996 o clube vese envolto nun radical relevo xeracional que se traduce nun lapso de tres anos nos que carece de equipos federados, no cal os seus xogadores “emigran” a outros clubes veciños, sempre agardando o momento propicio para facer resurxir ao Mareantes, o que se traduxo na Tempada 2000/01 nun proxecto unificado no que se viron implicados todolos antigos xogadores e persoas achegadas, que son as que a día de hoxe ocupan a maioría dos cargos directivos do clube.
Un dos mellores XV do Mareantes, con dous internacionais absolutos, ano 1989
No ano 2008, o clube cumpliu o seu 20º Aniversario, o cal foi motivo de orgullo e satisfacción para tódolos seus integrantes e de infinito agradecemento para todolos nosos socios, colaboradores, patrocinadores e afeizoados en xeral que aportaron dunha ou doutra maneira o seu gran de area, pois sen o seu apoio non tiveramos chegado ata aquí.




















Comentarios Recientes